O retorno dos Jedi

Fai algúns anos nunha pequena aldea de Galiza, un grupo de rapazas e rapaces empezou a súa teima por fundar unha Republica Galáctica do Agroglamour.

Os comezos foron duros, o lado oscuro era rápido, sedutor, o noso Ioda, Alfonso Pato, dicía: “difícil de ver o futuro é”.

Pouco a pouco a República medrou e os cabaleiros Jedi que participamos da organización do festival fomos vencendo o temor ao reverso tenebroso, a forza era poderosa en nós, convertiuse na nosa aliada.

E aplicando aquilo de “faino ou non o fagas pero non o intentes”, chegados ata aquí seguimos;

– a nosa Princesa Leia, a señora Alicia, xa vixía a súa leira,

– os nosos Falcóns Milenarios, os chimpíns, serán conducidos por pilotos máis hábiles que Han Solo,

– os Guías dos Camiños, son como C-3PO, droids de protocolo que dominan máis de 6 millóns de formas de comunicación,

– e hai unha historia que conta a xente que participa na ruta do Cansonoro que di que Obi-Wan vive nunha cova no Monte Castelo.

O episodio 13 xa chega e como cada ano en maio prodúcese o retorno dos Jedi… que a forza nos acompañe!!!

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.